Proxectos |
A atención personalizada é outro dos aspectos que serven de base á metodoloxía docente exposta na materia de “Proxectos gráficos dixitais”, xa que permite nos primeiros estadios lograr un grao de sensibilidade e afinado da actividade docente nun momento fundamental do proceso educativo.
Permite dedicarlle a cada alumno a atención suficiente non só para resolver incógnitas e desvelar problemas, senón para enfocar as estratexias de aprendizaxe dunha maneira específica.
Permite afondar na corrección de erros metodolóxicos:
Nun maior coñecemento do alumno e as súas motivacións, proxectos previos, etc.
O emprego de ferramentas específicas, lecturas, atención a seminarios e formación adicional.
Revisión de material afín achegado polo alumno que explique e guíe ao profesorado no seu labor.
Permítelle ao profesorado coñecer o nivel que se vai acadando en cada etapa de forma individual.
Prové, en xeral, dun maior entendemento entre o alumno e o profesor.
Os horarios de titorías serán os días martes e mércores de 16 a 19 h. |
|