Obradoiros |
Demostración, mediante a entrega dun comentario teórico, da correcta asimilación dos contidos esenciais do obradoiro, conferencia, etc.
|
5% |
Sesión maxistral |
A asistencia ás sesións maxistrais será imprescindible para aprobar esta parte da avaliación.
Alén desta asistencia, o alumno terá que demostrar a correcta asimilación dos conceptos básicos que conforman os diferentes bloques temáticos da materia.
A participación do alumnado nestas sesións debe ser activa, aportando ideas ou coñecementos que poidan dar lugar a unha discusión colectiva de interese.
|
10% |
Traballos e proxectos |
Alén do traballo diario na clase, durante o transcurso da materia desenvolveranse, polo menos, tres proxectos de arte de acción que serán presentados na clase.
Nestes traballos valorarase:
A calidade, orixinalidade e creatividade dos proxectos.
O desenvolvemento teórico, a metodoloxía e a coherencia do traballo.
A capacidade investigadora do alumno
A capacidade de experimentación do alumno
O traballo previo de reflexión e investigación teórica de cada proxecto.
A ampliación dos coñecementos impartidos na clase.
|
25 |
Cartafol/dossier |
O dossier é o soporte teórico de cada un dos proxectos de arte de acción que periodicamente vanse presentar na aula.
O dossier debe estar centrado nunha análise rigorosa dos contidos fundamentais do proxecto, recursos formais e técnicos, obxectivos que se pretenden acadar coa proposta, referentes, etc.
Así mesmo, valorarase unha correcta redacción, expresión e presentación do dossier.
|
5 |