Traballos de aula |
Consistirá na avaliación continua no transcurso da docencia da materia. Valoraranse os seguintes aspectos: a evolución persoal, os procesos de desenvolvemento coherente das problemáticas xurdidas a partir do encontro creativo coas premisas teóricas e máis cos soportes técnicos abordados, a participación activa e o seguimento da materia, así como a actitude no obradoiro relativa á asistencia, puntualidade e aceptación da normativa dos procesos propostos desde o profesorado.
O interese é o criterio personalizado nas diferentes actividades de estudo, creación, participación e análise da materia.
Realizarase unha parte importante da cualificación final a partir dos resultados acadados na entrega dos distintos traballos (prácticos e teóricos) estipulados ao comezo e no transcurso da materia.
|
80 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Atenderá ao apropiado nas respostas en tests e comentarios, así como á precisión no léxico e na capacidade argumental.
A avaliación considerará a asistencia aos visionados cinematográficos,audicións musicais, etc. pola incidencia que estes terán no alcance teórico da materia, e pola eventual aplicación en exercicios prácticos.
|
10 |
Para presentarse á segunda
convocatoria é imprescindible achegar todos os traballos realizados ao
longo do curso e estar en disposición de dar resposta a algún test por
escrito no caso de non ter asistido aos controles teóricos, visionados
cinematográficos, etc. que eventualmente se fixeran no cuadrimestre. O exame propiamente dito terá en conta o tempo de que dispón o alumno para a súa execución. Para axilizar o
seu desenvolvemento, o enunciado da proba pendurarase no taboleiro do curso,
polo menos, unha semana antes.
O alumno que non estea presente
quince minutos despois da hora establecida para o comezo do exame, será
considerado non presentado.
PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: 9 DE XULLO 2015 ÁS 12.00 HORAS |