Guia docente 2014_15
E. U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría xeriátrica e coidados paliativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios A avaliación da parte de seminarios desta materia, contará con dous apartados, o que no global suporá un 25% da puntuación total da materia.
1º avaliación, continua: farase ao longo do cuadrimestre no que se imparte a materia, mediante a observación das habilidades e destrezas mostradas polo alumnado, durante a realización das actividades prácticas nos seminarios, así como a súa participación nos temas expostos na aula.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Esta avaliación suporá o 10% da puntuación total correspondente aos seminarios.
2ª avaliación, proba tipo test: en relación aos contidos impartidos nos seminarios. Esta proba constará de 30 preguntas, con 4 opcións de resposta, sendo só unha delas válida, utilizando a fórmula (A-E), acertos (A) menos erros (E).
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Esta avaliación suporá o 15% da puntuación total correspondente aos seminarios.
Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico.

Será preciso ter superado as dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios, o cal será necesario para poder superar a materia.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o, pasará a ser avaliado según os criterios establecidos para a "modalidade non presencial”.
25
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado deberá responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.
Nota de corte: 6
É preciso aprobar estar parte, para poder facer media coa proba tipo test.
45
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, ...). O alumnado deberá seleccionar unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Nota de corte: 6
É preciso aprobar esta parte para poder facer media coa proba de resposta curta.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade non presencial (seminarios)
A esta modalidade, poderase acoller o alumnado que con causa debidamente xustificada, non lle sexa posible asistir ao 90% do total de horas asignadas para os seminarios, para o cal deberán ao inicio do cuadrimestre en que se imparta a materia, comunicar a profesora responsable da mesma, mediante solicitude por escrito, do paso a "modalidade non presencial", indicando cal é a causa que debidamente xustificada, impide a súa asistencia aos mesmos.
No caso daquelas/es alumnas/os que por diferentes motivos, e sempre xustificados, aínda asistindo a algún seminario, non cheguen a acadar a asistencia establecida do 90%, pasarán igualmente a esta "modalidade non presencial".

A avaliación da modalidade non presencial

A/o alumna/o, deberá realizar 1º, unha proba práctica en aula, en relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia. Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico, para a 1ª edición. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Esta avaliación suporá o 10% da puntuación total correspondente aos seminarios.

En 2º lugar, a/o alumna/o, deberá realizar unha proba tipo test, en relación aos contidos impartidos nos seminarios. Dita proba constará de 30 preguntas, con 4 opcións de resposta, sendo só unha delas válida, onde se utilizará a fórmula (A-E), acertos (A) menos erros (E). A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Esta avaliación suporá o 15% da puntuación total correspondente aos seminarios. Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico para a 1ª edición.

Será necesario ter superado estas dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios da materia, o cal será necesario para poder superar a materia.


2ª edición
A/o alumna/o deberá: no caso de non ter superada a avaliación continua (modo presencial) ou o proba práctica (modo non presencial), realizar un exame práctico, en relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia, a realizar na aula e data marcada no calendario académico, para a 2ª edición. No caso de non ter superada a proba tipo test, a/o alumna/o, deberá novamente realizar un exame tipo test (con os mesmos criterios establecidos para a 1ª edición) na aula e data marcada no calendario académico, para a 2ª edición.
Será necesario ter superado as dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios da materia, o cal será necesario para poder superar a materia.

Outros comentarios


  • As datas oficiais de exame marcadas para esta materia, nas dúas edicións correspondentes, poderanse consultar na páxina web así como no taboleiro de anuncios do centro.
  • Utilizarase a plataforma Faitic, da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o cal será necesario, que ao inicio do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, si está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000