Guia docente 2014_15
E. U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios A avaliación desta parte de seminarios será continua, farase ao longo de todo o cuadrimestre no que se imparte a materia, mediante a observación das habilidades e destrezas mostradas pola/o alumna/o, durante a realización das práticas nos seminarios así como a súa participación nos temas expostos na aula.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Esta avaliación suporá o 30% da puntuación total da materia.
A asistencia aos seminarios é obrigatoria, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o, pasará a ser avaliado según os criterios establecidos para a "modalidade non presencial”.
Será preciso superar esta parte de seminarios, para poder superar a materia.

O alumnado deberá realizar un traballo individual/en grupo, en materia de "violencia de xénero", según os criterios que se indicarán oportunamente. Dito traballo será exposto e defendido na aula, nas datas a determinar. Avaliarase individualmente a cada alumna/o participante do grupo de traballo.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Este apartado da avaliación, suporá un 10% da puntuación global da parte de seminarios.
40
Probas de tipo test Constará dunha proba obxectiva, de 60 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta, sendo só unha delas a correta.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), acertos (A) menos erros (E)
A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Dita proba, realizarase na aula e data marcada no calendario académico.
Esta proba supón o 60% da puntuación total da materia.
Será preciso superar esta proba tipo test, para poder superar a materia.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Modalidade non presencial (seminarios)

A esta modalidade, poderase acoller o alumnado que con causa debidamente xustificada, non lle sexa posible asistir ao 90% do total de horas asignadas para os seminarios, para o cal deberán ao inicio do cuadrimestre en que se imparta a materia, comunicar a profesora responsable da mesma, mediante solicitude por escrito, do paso a "modalidade non presencial", indicando cal é a causa que debidamente xustificada, impide a súa asistencia aos mesmos.
No caso daquelas/es alumnas/os que por diferentes motivos, e sempre xustificados, aínda asistindo a algún seminario, non cheguen a acadar a asistencia establecida do 90%, pasarán igualmente a esta "modalidade non presencial".


A avaliación da modalidade non presencial

A/o alumna/o, deberá realizar unha proba práctica en aula, en relación aos contidos impartidos durante os seminarios da materia. Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico, para a 1ª edición. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Esta avaliación suporá o 30% da puntuación total correspondente aos seminarios.

A/o alumna/o deberá realizar un traballo individual/en grupo, en materia de "violencia de xénero", según os criterios que se indicarán oportunamente. Dito traballo será exposto e defendido na aula, nas datas a determinar. Avaliarase individualmente a cada alumna/o participante no grupo de traballo. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Esta avaliación suporá o 10% da puntuación total correspondente aos seminarios.

Será preciso superar estas dúas probas de avaliación para poder superar a parte de seminarios, o cal será necesario para superar a materia.


2ª edición

A/o alumna/o deberá, no caso de non ter superada a avaliación continua (modo presencial) ou o proba práctica (modo non presencial), realizar un exame práctico, en relación aos contidos impartidos da materia, a realizar na aula e data marcada no calendario académico, para a 2ª edición. No caso de non ter superado ou realizado o traballo indicado, deberá realizalo seguindo os criterios establecidos para o mesmo. No caso de non ter superada a proba tipo test, a/o alumna/o, deberá novamente realizar un exame tipo test (con os mesmos criterios establecidos para a 1ª edición) na aula e data marcada no calendario académico, para a 2ª edición.

Será preciso ter superadas tanto as partes de seminarios como a proba tipo test, para poder superar a materia.


Outros comentarios

  • As datas oficiais de exame marcadas para esta materia, nas dúas edicións correspondentes, poderanse consultar na páxina web así como no taboleiro de anuncios do centro.

  • Utilizarase a plataforma Faitic, da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o cal será necesario, que ao inicio do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, si está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000