Código |
Descrición |
A19 |
Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade. |
A20 |
Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade. |
A21 |
Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional deberá desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. |
A27 |
Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte. |
A32 |
Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. |
A33 |
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo. |
A34 |
Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa. |
A35 |
Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións. |
A36 |
Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento. |
A40 |
Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos pais ou coidadores primarios. |