Guia docente 2014_15
E. U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
Materias
Enfermaría clínica I
Avaliación
Descrición Cualificación
Seminarios A avaliación da parte de seminarios da materia, contará con dous apartados, o que no global suporá o 50% da puntuación total da materia.

1º avaliación, continua: farase ao longo do cuadrimestre no que se imparte a materia, mediante a observación das habilidades e destrezas mostradas polo alumnado, durante a realización das prácticas nos seminarios, así como a súa participación nos temas expostos na aula.

A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.

Esta avaliación suporá o 25% da puntuación total correspondente aos seminarios.

2ª avaliación, proba tipo test: en relación a materia impartida nos seminarios. Dita proba constará de 30 preguntas, con 3 opcións de resposta, sendo só unha delas válida, onde se utilizará a fórmula (A-E), acertos (A) menos erros (E).

A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.

Esta avaliación suporá o 25% da puntuación total correspondente aos seminarios.

Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico.

Será necesario ter superado as dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios da materia, o cal será necesario para superar a materia.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o, pasará a ser avaliado según os criterios establecidos para a "modalidade non presencial”.
50
Probas de tipo test Neste apartado avaliarase o contido teórico mediante a realización dunha proba obxectiva de 50 preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas correcta. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), onde (A) é o número de acertos é (E) o número de erros; as preguntas non respostadas non restan puntuación.

A puntuación mínima para ser apto neste apartado será de 5.0 sobre 10.

Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico.
50

Outros comentarios sobre a Avaliación
Modalidade non presencial (seminarios)

A esta modalidade, poderase acoller o alumnado que con causa debidamente xustificada, non lle sexa posible asistir ao 90% do total de horas asignadas para os seminarios, para o cal deberán ao inicio do cuadrimestre en que se imparta a materia, comunicar a profesora responsable da mesma, mediante solicitude por escrito, do paso a "modalidade non presencial", indicando cal é a causa que debidamente xustificada, impide a súa asistencia aos mesmos.
No caso daquelas/es alumnas/os que por diferentes motivos, e sempre xustificados, aínda asistindo a algún seminario, non cheguen a acadar a asistencia establecida do 90%, pasarán igualmente a esta "modalidade non presencial".

A avaliación da modalidade non presencial

A/o alumna/o, deberá realizar unha proba práctica en aula, en relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia. Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico, para a 1ª edición. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Esta avaliación suporá o 25% da puntuación total correspondente aos seminarios.

A/o alumna/o, deberá realizar unha proba tipo test, en relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia. Dita proba constará de 30 preguntas, con 3 opcións de resposta, sendo só unha delas válida, onde se utilizará a fórmula (A-E), acertos (A) menos erros (E). A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Esta avaliación suporá o 25% da puntuación total correspondente aos seminarios. Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico para a 1ª edición.

Será necesario ter superado estas dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios da materia, o cal será necesario para poder superar a materia.

2ª edición

A/o alumna/o deberá no caso de non ter superada a avaliación continua (modo presencial) ou o proba práctica (modo non presencial), realizar un exame práctico, en relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia, a realizar na aula e data marcada no calendario académico, para a 2ª edición. No caso de non ter superada a proba tipo test, a/o alumna/o, deberá novamente realizar un exame tipo test (con os mesmos criterios establecidos para a 1ª edición) na aula e data marcada no calendario académico, para a 2ª edición.
Será necesario ter superado as dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios da materia, o cal será necesario para poder superar a materia.

Outros comentarios
• As datas oficiais de exame marcadas para esta materia, nas dúas edicións correspondentes, poderanse consultar na páxina web así como no taboleiro de anuncios do centro.
• Utilizarase a plataforma Faitic, da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o cal será necesario, que ao inicio do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, si está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000