Traballos e proxectos |
Neste apartado avaliarase a resolución dun caso práctico para desenvolver o proceso de enfermaría. Terá unha extensión máxima de 11 (sen contar a portada) follas a unha cara con letra Arial 12 pto. e un interlineado de 1.5. Para facer media cos outros apartados da avaliación terase que obter 5 puntos sobre 10. |
50 |
Avaliación para a modalidade "non presencial"
- A esta modalidade poderanse acoller aquelas/os alumnas/os que por causas debidamente xustificadas non lle sexa posible asistir con regularidade( máis do 90%) aos seminarios, para o que deberán ao comezo da materia comunicarlle ao profesor por escrito que non van asistir aos seminarios coa causa debidamente xustificada que o impida. Tamén aquelas/os alumnas/os que por diferentes causas, sempre xustificadas, aínda asistindo a algún seminario, non cheguen á asistencia do 90"%.En ambolos dous casos non terán opción a modalidade de avaliación contínua pasando a la modalidade non presencial.
A avaliación da modalidade non presencial é a seguinte: - Un exame tipo test que constará dunha proba a realizar ao finalizar o cuadrimestre segundo o calendario oficial de exames, que será de 60 preguntas con 3 alternativas de resposta onde só una delas será a correcta. A fórmula que se aplicará para obter a puntuación neste apartado é: A-E. Onde A é o número de acertos e donde E o número de erros, as preguntas non respostadas non restan puntuación. Para facer media co resto da avaliación haberá que obter, logo de aplicar a fórmula, unha puntuación de 30 ou máis, o que equivalería sobre 10 puntos a unha cualificación de 5. Esta proba ten unha cualificación sobre o total da materia do 50%
- Un traballo sobre a resolución dun caso práctico onde haxa que desenvolver o proceso de enfermaría. Terá unha extensión máxima de 11 follas(contando a carátula) a unha cara con letra arial 12 pto. e un interlineado de 1.5. Para facer media cos outros apartados da avaliación terase que obter 5 puntos sobre 10. Este traballo ten unha cualificación sobre o total da materia do 10%.
- A resolución dun caso práctico a desenvolver na aula o día marcado do exame, que ten unha cualificación sobre o total da materia de 40% , do mesmo xeito que nos 2 apartados anteriores para obter a cualificación parcial deberase de ter neste unha puntuación de 5 puntos sobre 10.
- Tanto na avaliación contínua como na modalidade non presencial deberase de obter en cada un dos apartados ó 50% da nota parcial para facer media sumatoria entre eles. No caso de non acadar a nota do 50% en cada un dos apartados deberán de examinarse na segunda edición ordinaria en aqueles en que non conseguisen superar as competencias da materia
|