Guia docente 2014_15
E. U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios A avaliación da parte de seminarios desta materia, contará con dous apartados, o que no global suporá un 40% da puntuación total da materia.

1º avaliación, continua: farase ao longo do cuadrimestre no que se imparte a materia, mediante a observación das habilidades e destrezas mostradas polo alumnado, durante a realización das actividades prácticas nos seminarios, así como a súa participación nos temas expostos na aula.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Esta avaliación suporá o 20% da puntuación total correspondente aos seminarios.
2ª avaliación, proba tipo test: en relación aos contidos impartidos nos seminarios. Esta proba constará de 20 preguntas, con 3 opcións de resposta, sendo só unha delas válida, utilizando a fórmula (A-E), acertos (A) menos erros (E).
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Esta avaliación suporá o 20% da puntuación total correspondente aos seminarios.
Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico.

Será preciso ter superado as dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios, o cal será necesario para poder superar a materia.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o, pasará a ser avaliado según os criterios establecidos para a "modalidade non presencial”.
40
Probas de tipo test A metade do exame da parte teórica desta materia de fisioloxía, será de pregunta tipo test. Por cada 3 preguntas mal restarase unha ben.
<br>A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
<br>É indispensable superar esta proba para poder facer media.
30
Probas de resposta curta A outra metade do exame da parte teórica da materia de fisioloxía, será de pregunta con resposta curta.
<br>A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
<br>É indispensable superar esta proba para poder facer media.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade non presencial (seminarios)
A esta modalidade, poderase acoller o alumnado que con causa debidamente xustificada, non lle sexa posible asistir ao 90% do total de horas asignadas para os seminarios, para o cal deberán ao inicio do cuadrimestre en que se imparta a materia, comunicar a profesora responsable da mesma, mediante solicitude por escrito, do paso a "modalidade non presencial", indicando cal é a causa que debidamente xustificada, impide a súa asistencia aos mesmos.
No caso daquelas/es alumnas/os que por diferentes motivos, e sempre xustificados, aínda asistindo a algún seminario, non cheguen a acadar a asistencia establecida do 90%, pasarán igualmente a esta "modalidade non presencial".

A avaliación da modalidade non presencial.

A/o alumna/o, deberá realizar 1º: unha proba práctica en aula, en relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia. Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico, para a 1ª edición. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Esta avaliación suporá o 20% da puntuación total correspondente aos seminarios.

En 2º lugar deberá realizar unha proba tipo test, en relación aos contidos impartidos nos seminarios. Dita proba constará de 20 preguntas, con 3 opcións de resposta, sendo só unha delas válida, onde se utilizará a fórmula (A-E), acertos (A) menos erros (E). Dita proba realizarase na aula e data marcada no calendario académico para a 1ª edición. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Esta avaliación suporá o 20% da puntuación total correspondente aos seminarios.

Será precisio ter superado estas dúas probas de avaliación, para poder superar a parte de seminarios da materia, o cal será necesario para poder superar a materia.

2ª edición.

A/o alumna/o deberá no caso de non ter superada a avaliación continua (modo presencial) ou o proba práctica (modo non presencial), realizar un exame práctico, en relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia, a realizar na aula e data marcada no calendario académico, para a 2ª edición. No caso de non ter superada a proba tipo test, a/o alumna/o, deberá novamente realizar un exame tipo test (con os mesmos criterios establecidos para a 1ª edición) na aula e data marcada no calendario académico, para a 2ª edición.

Será necesario ter superado as dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios da materia, o cal será necesario para poder superar a materia.

Outros comentarios.



  • As datas oficiais de exame marcadas para esta materia, nas dúas edicións correspondentes, poderanse consultar na páxina web así como no taboleiro de anuncios do centro.


  • Utilizarase a plataforma Faitic, da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o cal será necesario, que ao inicio do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, si está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000