Educational guide 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares
 Materias
  Educación en Valores en Secundaria
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación en Valores en Secundaria Código O05M061V01203
Titulación
Máster Universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Pereira Domínguez, María Carmen
Correo-e mcdguez@uvigo.es
Profesorado
Carrera Fernández, María Victoria
Pereira Domínguez, María Carmen
Web http://webs.uvigo.es/consumoetico
Descrición xeral Toda práctica educativa de intervención educativa funda as súas raíces no sistema de ideas, procedementos e valores que os seus fins lle asignan. A posición dunha persona profesional do campo educativo que quere educar ser ter unha teoría clara e definida da educación sería tan irracional como a de aquel que quere guiar a alguén sen saber de onde parte, por onde vai e onde se dirixe.

Ésta é a razón pola que antes de deseñar o desenvolvemento de calquera intervención pedagóxica, o profesorado debe ter clara unha Teoría da Educación en Valores que guíe a determinación do proceso educativo e a selección dos medios para logralo.

Para elo, e en primeiro lugar é necesario precisar que é a Educación en Valores, que lonxe de referirse exclusivamente a cuestións teóricas acerca da educación e polo tanto afastadas das realidades educativas, incide polo contrario en todos os aspectos propios da práctica educativa. Polo tanto, a Educación en Valores significa coñecer para facer, saber para logo aplicar mellor as innovacións educativas i, en definitiva, para mellorar a calidade da educación.
Ademais, existen moitos conceptos afíns á educación como formación, ensino, aprendizaxe, instrución, capacitación, que se empregan en moitas ocasións como termos similares e que deben diferenciarse para a súa correcta utilización.
Así mesmo, a educación non se pode reducir á que é impartida na escola -Educación Formal-, xa que as persoas se educan máis alá de ela e os influxos que se reciben a partir de outros medios son tanto igual ou máis potentes que os que proceden da escola e incluso interfiren na súa acción.
Polo tanto, faise necesario traballar os conceptos de -Educación Non Formal-, definida como o conxunto de procesos, medios e institucións específica e diferenciadamente deseñados en función de explícitos obxectivos de formación, que non están directamente dirixidos á provisión dos graos propios do sistema educativo regrado, e o de -Educación Informal- que se referiría a aqueles procesos educativos que se producen indiferenciados de outros procesos sociais, que non foron institucionalizados nin sistematizados, que se dan no curso ordinario da vida.
Un dos factores que influíu na crecente importancia que se lle otorgou tanto á Educación Non Formal como á Educación Informal foi o cambio nos valores defendidos pola sociedade, da defensa da virilidade ou a guerra pasouse á defensa da paz ou a tolerancia, valores nos que ata agora non educaba a escola e que a partir da transversalidade como a LOXSE e da inclusión da Educación en Valores da LOE si serían incluídos nos seus contidos.
Tendo en conta que a saída profesional deste curso de posgrao é a de ser docente en Educación Secundaria é polo que un bloque de contido centrarase exclusivamente no sistema educativo, co fin de introducir ao alumnado no universo da educación, prestando especial atención aos elementos que integran o sistema e ás súas funcións en relación coa acción educativa. En consecuencia considéranse os axentes socioeducativos e as súas responsabilidades pero tamén se presta especial atención a algunhas institucións fundamentais como o Estado ou as Comunidades Autónomas en tanto responsables da normativa educativa, responsables da redacción e desenvolvemento da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. A análise da situación actual compleméntase cunha breve perspectiva histórica, considerando os retos e desafíos de futuro (LOMCE – Lei Orgánica de Mellora e Calidade da Educación).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000