Educational guide 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Programas de educación social na terceira idade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Traballos tutelados Os/as estudantes elaboran duos documentos e/ou investigacións sobre a temática da materia, un individual e outro grupal. Trátanse de dúas actividades autónoma de/dos estudante/s que inclúen a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
Traballos de aula Formulación e análise, resolución e debate dun problema ou exercicio relacionado coa temática da materia, que os/ as estudantes desenvolven na aula baixo as directrices e supervisión da profesora. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do alumnado.
Presentacións/exposicións Exposición oral por parte do alumnado, ante a docente e o alumnado, dos resultados dos traballos tutelados (previa presentación escrita).
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos da materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000