Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. |
Presentacións/exposicións |
Actividades nas que o alumnado, trala orientación do profesor, prepara e expón mediante diapositivas un proxecto de investigación-acción, os resultados da súa realización e a proposta do informe final. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Lectura e estudio de duas experiencias de I-A para realizar a análise das mesmas como procesos nos que se parte dun problema e se quere chegar a unha mellora da práctica socioeducativa, así como da formación da persoa profesional da Educación Social |