Educational guide 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas externas Para avaliar as prácticas externas terase en conta o informe do titor na institución 40
Titoría en grupo A participación na titoría de grupo e realización das tarefas encomendadas 10
Seminarios Asistencia aos seminarios programados e valoración do tema desenvolvido 10
Informes/memorias de prácticas O informe que reflicte a observación realizada polo alumno/a na institución, o desenvolvemento de actividades deseñadas por el mesmo ou polo titor, e a valoración persoal do periodo de practicas 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As deficiencias observadas na realización do practicum no momento da
avaliación de maio, serán corrixidas para a avaliación de xullo,
completando só aquelas actividades qie non se realizaran correctamente.
A
institución emitirá unha cualificación que se terá en conta para a
avaliación, tendo o mesmo peso que a puntuación da memoria que se
entrega ao profesor/a da Facultade

A memoria debe recoller unha
análise e reflexión sobre as actividades realizadas, ademais da
información sobre a institución na que estivo destinado. Tera
características diferenciadas según o tipo de institución ou servicio no
que se realizan as prácticas, en todo caso a memoria pode conter:
· Introducción (motivación para elección da institución e expectativas).
· Breve ficha da institución (denominación, emprazamento, ambito de
actividade, recursos humanos e materiais, obxectivos, programas,
actividades...).
· Desenvolvemento das prácticas (diario de actividade, descripción e análise
das intervencións levadas a cabo
Informe detallado do deseño e implementación do proxecto elaborado.
· Valoración (satisfacción persoal, atrancos, aprendizaxe da profesión, papel
do educador/a social nesa institución, traballo en equipo, críticas,
aportacións e suxerencias).
· Observacións (balance final, cumplimento das expectativas e suxerencias).
· Documentación e anexos.
· Bibliografía.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000