Educational guide 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Iniciación na práctica profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Reflexión persoal acerca dos temas abordados na aula, recollida nunha memoria 5
Seminarios debate con expertos invitados. reflexión persoal sobre o tema abordado 10
Debates discusión en grupo de temas de actualidade. Reflexión persoal escrita sobre os temas 10
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento proba escrita sobre temas previamente indicados. 35
Informes/memorias de prácticas Este informe memoria recolle as reflexións persoais sobre os diversos aspectos tratados na materia, tanto nas clases teóricas, como seminarios, debates, estudos de caso e saídas, polo que esta memoria valorarase coas porcentaxes acumuladas desas cinco metodoloxías citadas. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado non asistente con regularidade, ás distintas actividades, terá unha avaliación da proba sobre 60%. O 40% restante será unha actividade de lectura e reflexión persoal, acordada co profesor ao comezo do curso e entregada o día da proba escrita.
O alumnado que non complete todos os obxectivos na convocatoria de maio, poderá ampliar a súa actividade para a convocatoria de xullo, sen ter que repetir aquelas que foran avaliadas positivamente. 

Exames e revisión:

14 de outubro ás 16:00 horas (revisión 4 de novembro ás 12 horas)

15 de maio, ás 12:00 (revisión 9 de xuño ás 12:00 horas)

29 de xuño ás 16:00 h (revisión 16 xullo ás 12:00 horas)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000