Educational guide 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación para o lecer e o tempo libre
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O desenvolvemento e participación nas experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación na aula. 10
Traballos tutelados
<br>Os/as estudantes presentan o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia e/ou investigación.
<br>Levarase a cabo en grupo, de forma escrita.
<br>Ademais, conxuntamente con este documento, tamén se valorará o seguimento da elaboración do traballo.
15
Presentacións/exposicións
Tamén se valorará a exposición ou presentación que se faga do traballo tutelado na aula.
5
Obradoiros Planificación, elaboración, posta en práctica na aula e avaliación dun obradoiro de educación para o ocio e o tempo libre por parte do/a alumno/a, de xeito individual. Os/as alumnos/as deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a súa valoración persoal. Valorarase conxuntamente coa súa participación nos mesmos e nas saídas de campo. 20
Probas de tipo test Realizarase unha proba tipo test para a avaliación das competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con tres alternativas de resposta. Os/as alumnos/as seleccionarán unha resposta entre as posibilidades. As respostas erradas puntuarán negativamente (2 mal restarán 1 ben). 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario superar todas as probas de avaliación.

O alumnado non presencial: deberá falar coa profesora ao principio do curso, para acordar un plan de traballo específico.

          Os criterios de avaliación serán os seguintes:


  • Proba tipo test: 65%.
  • Traballo titorado: 15%.
  • Outros traballos prácticos: 20%.

Segunda convocatoria: ao alumnado que supere algunhas das partes ou probas da materia, conservaranselle as cualificacións ata a convocatoria de xullo. As competencias non superadas serán avaliadadas na mesma convocatoria (xullo).

A data, hora de revisión dos exames son:


  •  Primeria convocatoria (segundo período): 21 de maio ás 16:00 h. Revisión: 11 de xuño de 16:00 h. a 17:00 h.
  • Segunda convocatoria (xullo): 7 de xullo ás 16:00 h. Revisión: 16 de xullo de 16:00 h. a 17:00 h.
  • Convocatoria Fin de Carreira: 14 de outubro ás 16:00 h. Revisión: 4 de novembro de 16:00 h. a 17:00 h.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000