Educational guide 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Xénero e educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
Proba de resposta longa
50
Traballos tutelados
Elaboración dun documento escrito sobre un tema relacionado coa materia, tamén se fará unha exposición oral do mesmo.
30
Seminarios O alumnado presenta os resultados obtidos sobre un tema de actualidade 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnado non presencial:

- O alumnado que non poda asistir a clase regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir á tutorización dos traballos, realizará as seguintes probas;unha proba de contidos teóricos (60%), un traballo  sobre un tema relacionado cos contidos do programa (20%), o resumo dos libros: Educación e xénero. O coñecemento invisible e De mulleres, sobre mulleres e Educación,  apuntados na bibliografía básica (20%), sendo necesario obter , polo menos, o aprobado en cada unha das probas para superar a materia.

Segunda convocatoria: O alumnado que supere  algunhas das probas  ou actividades,  obxecto de avaliación, conservaráselle a cualificación da parte aprobada ata a convocatoria de Xullo. As probas non superadas serán avaliadas nesa convocatoria.

Para aprobar a materia  o alumnado presencial e o  non presencial deberá ter un 50% en cada unha das probas obxecto de avaliación

Para a data do exame consultar a seguinte dirección web:  http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000