Educational guide 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Recursos tecnolóxicos en educación social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición oral pola profesora apoiada en recursos didácticos, medios audiovisuais e TIC, coa incorporación da estratexia da interrogación didáctica dirixida aos estudantes, a posta en marcha de actividades e a exposición de traballos coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento competencial.
Resolución de problemas e/ou exercicios Estratexia a través da cal o alumnado resolverá pequenos problemas e/ou situacións problemáticas que expón a profesora na aula e na plataforma de formación, a partir dos contidos que se traballan na materia.
Presentacións/exposicións Intervención do alumnado baseada na exposición verbal, apoiada no emprego de recursos didácticos a través da que tamén tentará interactuar e debater co grupo aula dun modo ordenado: propoñendo cuestións, facendo aclaracións ou realizando actividades de forma dinámica.
Traballos tutelados Unha vez concretado o núcleo do traballo en grupo, o alumnado discutirá e formulará as súas dúbidas á profesora a través da titorización grupal dentro da aula e no despacho da profesora para desenvolver un traballo sobre a temática da materia.
Prácticas de laboratorio Esta metodoloxía posibilítalle ao alumnado a aprendizaxe a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio, indagando no funcionamento técnico e o desenvolvemento de habilidades e capacidades informáticas e de tipo didáctico para abordar o deseño, desenvolvemento de proxectos, análise de experiencias socioeducativas, busca e tratamento da información, etc.
Foros de discusión Están desenvolvidos no escenario virtual para a discusión centrada en diferentes tópicos da materia propostos pola profesora, así como debates promovidos polas inquedanzas que expón o alumnado en relación a temáticas obxecto de estudo ou a problemáticas asociadas co campo profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000