Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Cid Sabucedo, Alfonso
Correo-e
acid@uvigo.es
Profesorado
Cid Sabucedo, Alfonso
Web
Descrición xeral
Os continuos cambios sociais que experimenta a nosa sociedade reflíctense nos comportamentos dos cidadáns e nas dinámicas dos centros e institucións educativas, cuxo microsistema absorbe a diversidade e complexidade do macrosistema social. O Profesorado, os centros e institucións educativas enfróntanse no momento actual ao reto de ofrecer resposta á ampla demanda educativa da sociedade contemporánea.
Ante estes retos, o profesorado necesita e demanda recursos, formación e estratexias que lles permitan atopar respostas útiles, realistas e eficaces para adaptarse e adaptar a educación aos novos requirimentos sociais. Entre estes recursos e estratexias atópanse a INNOVACIÓN e a INVESTIGACIÓN DIDÁCTICA. Nela tratarase fundamentalmente de como acometer no centro e aula proxectos de innovación e investigación didáctica.