Traballos de aula |
Avaliación das actividades desenvolvidas polo estudante no aula tales como
exposicións, análises de casos, debates, etc. sobre contidos da materia ou dos
resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. Pódese levar a cabo de xeito
individual ou en grupo. |
20 |
Probas de tipo test |
Probas que inclúen preguntas pechadas con varias alternativas de resposta.
|
30 |
Informes/memorias de prácticas |
Realización de informes das actividades prácticas nos que se desenvolvan, relacionen, organicen os coñecementos e se presenten conclusións propias dos estudantes sobre as mesmas.
|
30 |
Para optar á avaliación continua esíxese a asistencia regular de, polo menos o 80%, das sesións de clase, traballos tutelados e titorías de grupos. Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación de cada apartado. Aqueles estudantes que non superen algunha das probas de avaliación poderán recuperalas nas datas oficiais correspondente á segunda avaliación, no mes de Xullo. No caso de que algún estudante non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo titorizado polas docentes realizará unha proba de contidos teóricos sobre a materia, que suporá un 50% da nota, un comentario sobre una monografía, 20% e un traballo teórico-práctico, ao que lle corresponderá o 30% da cualificación final. Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada unha das partes (teórica e práctica) un 50% da cualificación total das mesmas. As datas para a realización dos exames serán as mesmas que os estudantes de avaliación contínua. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'exames 2014-15' |