Presentacións/exposicións |
Exposición, por grupos, diante do grupo mediano, e despois por escrito ao profesor, dos resultados da valoración de tres alumnos/as de educación infantil (3, 4 e 5 anos), utilizando probas adaptadas a este alumnado co obxecto de detectar posibles causas das dificultades de aprendizaxe que poida manifestar un alumno/a e actuar en consecuencia. |
20 |
Traballos tutelados |
O estudante presenta no grupo pequeno oralmente, e logo ao profesor por escrito, exercicios adaptados ao alumnado de educación infantil, elaborados a partir das lecturas propostas polo profesor. |
20 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. |
30 |
Na convocatoria de Xullo, unicamente se avaliarán as competetencias ou actividades non superadas na convocatoria correspondente ao seu cuadrimestre. No caso de que algún estudante non poida ser obxecto dunha avaliación continua, nin o seu traballo poida ser titorizado polo docente, realizará unha proba sobre os contidos teóricos, que suporá o sesenta por cento da cualificación final, e outra sobre os contidos prácticos, que representará o corenta por cento da cualificación final. Para superar a materia será preciso que en cada unha das partes (teórica e práctica) acade un cincuenta por cento da cualificación establecida para cada parte. No seguinte enlace pódese consultar día/hora/lugar do examen (apartado datas exames): http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |