1. Asistir ao primeiro día de clase resultarache moi beneficioso para comprender os obxectivos xerais da materia e a súa dinámica organizativa. Na primeira sesión da materia achegarase unha visión de conxunto e anticiparanse as tarefas e actividades que serán desenvolvidas.
2. Será especialmente importante acudir ás titorías das profesoras, así como a visita frecuente á plataforma docente da nosa Universidade TEMA. Nela poderás atopar todas as actividades que deberás realizar para a túa formación e a superación desta materia.
3. A túa condición de alumno/a da Universidade de Vigo, ábreche as portas a moitos recursos, ofertas e servizos. No SIOPE encontrarás toda a información sobre as posibilidades formativas, culturais e deportivas que podes encontrar na nosa Universidade. |