Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Deseño, Comercialización e Promoción de Produtos Turísticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos 100% da nota, traballo en grupo (avaliarase individualmente a asistencia e seguimento en titorías; a profundidade e orixinalidade do tema analizado; a bibliografía revisada; a defensa e presentación do traballo e a resposta ás preguntas expostas pola profesora e o resto de alumnos/compañeiros o día do exame). 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Vía avaliación continua: realizaranse entregas parciais do traballo en grupo que serán corrixidas e avaliadas, e que poderán mellorarse de cara a entregas posteriores. Isto suporá o 90% da nota final. O 10% restante consistirá nun exame sobre o traballo.


Vía exame final: entregarase todo o traballo o día do exame final (90% da nota) e realizarase unha proba final sobre competencias do traballo (10%).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000