A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase da avaliación de probas obxectivas, da realización de traballos e a realización dun exame final. Para aprobar a materia é necesario obter polo menos 5 puntos dun total de 10. Segunda convocatoria: a avaliación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para as convocatorias extraordinarias do presente curso académico. Alumnos que non seguen avaliación continua: avaliarase ao alumno coa realización dun exame final que supoñerá o 100% da nota. As datas e horarios de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014- 2015. |