Presentacións/exposicións |
Valorarase a entrega dos informes asociado á realización de traballos e proxectos, así como a calidade da súa presentación e defensa en aula. |
5 |
Traballos e proxectos |
Valorarase a capacidade para buscar información, organizar o tempo e colaborar con equipos para a realización de traballos e proxectos en grupo. |
25 |
A avaliación da materia será continua. O 40% da nota configurarase a partir de exames tipo test sobre os contidos teóricos da materia, o 30 % da nota basearase na resolución de exercicios, prácticas, problemas e análises de caso, e o 30 % restante será a nota dun proxecto en grupo. Para superar a materia por avaliación continua é preciso terse presentado a todas as probas e actividades de avaliación do curso. O alumnado que non sigue avaliación continua ou non teña superado a materia por avaliación continua será avaliado mediante a realización dun exame final que suporá o 100% da nota. O exame constara dunha parte teórica (preguntas curtas e/ou tipo test) (60% da nota final) e unha parte práctica (40%). Será necesario aprobar ambas partes por separado (5 puntos sobre 10 en cada unha). O alumnado que supere a materia por avaliación continua pero desexe subir nota poderá presentarse ó exame final. Neste caso, a nota do exame final sustituirá á nota da avaliación continua a todos os efectos. O exame correspondente á segunda e posteriores convocatoria seguirá o mesmo modelo que o exame final. Os estudantes que non se presenten a avaliación continua nin o examen final, figurarán nas actas como non presentados. Os estudantes que non superen a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurarán nas actas como supensos. As datas e horarios da probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-15. |