Os alumnos poderán escoller entre as seguintes modalidades segundo o seu grado de disponibilidade para asistir as aulas: 1) AVALIACIÓN CONTINUA A planificación da materia supón a aplicación dun sistema de avaliación contínua, polo que a cualificación final se obterá do traballo do alumno a través de traballos de aula, estudos de caso, traballo final, seguimento titorial, exposicións e realización dun examen final teórico e práctico. - A asistencia necesaria para acollerse a esta modalidade será do 80%. Os alumnos que incumplan devandita porcentaxe terán
que realizar un exame final que representará o 100% da cualificación. - Estas condicións son aplicables nas convocatorias do mesmo curso académico. - Para ter en conta as cualificacións dos traballos de aula, estudos de casos, exposiciones e traballo final é necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final.
2) AVALIACIÓN NON CONTINUA
Poderán optar a ela todos os os alumnos non acollidos a modalidade de avaliación anterior. Consistente nun examen teórico e práctico de toda a materia do curso, que representa o 100% da nota.
- Tódolos alumnos deberán entregar ó profesor unha ficha adecuadamente cuberta cos seus datos e una foto recente durante as primeiras semanas de clases.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-15 | |