Haberá dúas instancias de avaliación: a asistencia e participación nos seminarios-traballos da aula e o exame final. A primeira parte correspóndese co 40% da avaliación total da materia e o 60% restante co exame final. O exame final constará de 20 preguntas tipo test a través das cales o alumno poñerá de manifesto os coñecementos adquiridos ao longo do curso. Segunda convocatoria: resérvase a nota da avaliación continua e realizarase un exame tipo test. Constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica. É imprescindible superar cada unha delas para aprobar a materia. Alumnos que non seguen avaliación continua: Exame final de toda a materia que representa o 100% da nota. O exame constará de duas partes: unha parte teórica e outra práctica. Esta guía e orientativa e esta suxeta a modificacions se o longo do curso se estiman necesarias. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-2015. |