Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Auditoría
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización dun exame teórico-práctico co contido da materia. Avalíanse as competencias A4, A6, A8 e B1. 60
Presentacións/exposicións Entrega de traballos das diferentes áreas de auditoría realizado en pequenos grupos o luns 04/11/2013.
A presentación pública realizarase segundo orde de temario nos GG.
30
Sesión maxistral Valórase a participación e motivación do alumno nas clases.
Recolleranse diversas evidencias por exemplo atención ás presentacións realizadas, exercicios de informes de auditoría...
5
Cartafol/dossier Entrega de diversos exercicios prácticos de áreas realizadas de modo autónomo polo alumno para reforzar os contidos da materia. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas e horarios das probas de avaliación foron aprobadas por Xunta de Facultade e están dispoñibles na web da Facultade, en Docencia/Examenes (http://www.fcetou.uvigo.es/index.php?*option=*com_*content&*view=*article&ide=71&*Itemid=54&*lang=*gl)"

As cualificacións obtidas no sistema de avaliación continua manteranse na convocatoria de xullo. Nas seguintes convocatorias a cualificación do exame representará o 100% da avaliación da materia. Os alumnos que non participen activamente en clases ou non superen o 80% das actividades propostas na avaliación continua poderán superar a materia coa realización do exame teórico-práctico sobre o contido da materia. Nese caso, a nota deste exame representaría o 100% da cualificación final da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000