Máster Universitario en Información Técnica do Medicamento
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
3
OB
1
1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Tobio Rivas, Ana María
Correo-e
atobio@uvigo.es
Profesorado
Couto Calviño, Roberto
Menor Conde, Sara
Tobio Rivas, Ana María
Web
Descrición xeral
Esta materia trata sobre distintos aspectos xurídico-mercantiis e comerciais necesarios para un correcto desenvolvemento das actividades que realizan os visitadores médicos. Por unha banda, examínanse as relacións contractuais na promoción e comercialización de medicamentos. Neste apartado abórdase o estudo das obrigacións e contratos mercantiles en xeral, así como, de xeito particular, as actividades de comercialización e promoción de medicamentos. Así mesmo, é obxecto de análise os contratos de colaboración e distribución na comercialización de produtos farmacéuticos. Tamén reviste unha especial importancia as relacións do Dereito da Propiedade Industrial e o sector farmacéutico, que trata, principalmente, sobre a regulación das patentes químico-farmacéuticas e as marcas dos produtos farmacéuticos. Para rematar, o mercado da comercialización de produtos farmacéuticos debe rexerse polos principios de libre e leal competencia. Por iso, examínase tamén nun último apartado o Dereito da libre competencia e a competencia deseal, así como a regulación da publicidade de medicamentos.