1. Primeira oportunidade. a) Ao comezo do curso, a/o alumna/o deberá manifestar a súa vontade de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o profesor da materia proporcionaralle un documento que a/o alumna/o deberá cubrir e asinar. b) A/O alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua, entregando o documento sinalado, será avaliada/o consonte aos criterios previamente establecidos (50% probas tipo test e 50% exame final) e non terá dereito a ser avaliada/o nesta oportunidade conforme a un exame final que represente o 100% da cualificación na materia. c) A/O alumna/o que non cubra e entregue o devandito documento non terá dereito a ser avaliada/o conforme ao sistema de avaliación continua, podendo realizar nesta oportunidade un exame final que constitúe o 100% da cualificación na materia. O exame final realizarase na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade a e consistirá nunha proba tipo test única que abranguerá todo o temario da materia. 2. Segunda oportunidade. Consistirá para todas/os as/os alumnas/as nun exame final coa forma dunha proba tipo test que abranguerá todo o temario da materia e suporá o 100% da cualificación, na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade. 3. Convocatoria de "fin de carreira" . Para aquelas/es alumnas/os que se matriculen na convocatoria de "fin de carreira", o exame consistirá nunha proba tipo test que abranguerá todo o temario da materia e suporá o
100% da cualificación, na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade. |