Presentacións/exposicións |
Tratamento e profundidade dos contidos teóricos aplicados a práctica.
Emprego axeitado de termos relacionados coa materia.
Entrega en prazo das actividades.
Traballo en equipo se fose o caso.
Defensa do traballo desenvolvido.
Contempla os criterios previstos na comunicación da actividade.
Segue un orde na presentación. |
30 |
Traballos e proxectos |
Calidade e coherencia do conxunto de contidos.
Uso de bibliografía.
Entrega en prazo.
Contempla os contidos da materia.
Estrutura interna dos documentos. |
20 |
Observacións: - Este mestrado ten a modalidade
de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización do
traballo para a avaliación continua é obrigatoria. Por causas
xustificadas está permitido faltar ata 20% das sesións presenciais. - Os prazos das entregas das
actividades, traballos, etc. serán comunicados polas profesoras na clase
e é necesario cumprilos para ser cualificados na avaliación continua. - O alumnado que non supere a
materia por avaliación continua terá unha proba escrita na data que
marque o calendario do mestrado para os exames oficiais (será feita
pública oportunamente). Esta proba escrita suporá o 100% da puntuación e
terá preguntas de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos nucleares da materia. Nota: O profesorado facilitará
e/ou indicará ao alumnado na clase o material didáctico pertinente para o
desenvolvemento das actividades e traballos da materia. Na plataforma de Faitic poderanse consultar diversos materiais e axudas para o desenvolvemento da aprendizaxe. |