Código |
Descrición |
A4 |
Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas. |
A8 |
Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais. |
A12 |
Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación. |
A17 |
Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional. |
A18 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidos. |
A19 |
Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. |
A42 |
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A45 |
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. |
A49 |
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |