ALUMNADO ASISTENTE Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE
sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en todas e cada
unha das partes que interveñen na avaliación. Esta avaliación aplicarase
ao alumnado que realice algunha entrega regular de problemas ou
exercicios, ou se presente a algunha proba práctica dalgún bloque de
temas. Se un/ha estudante abandona a avaliación continua tendo sido xa
avaliado/a dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a
convocatoria, e non poderá optar na mesma pola modalidade de non
asistente. ALUMNADO NON ASISTENTE O alumnado será avaliado
cun único exame presencial que se realizará na data oficial fixada polo
Centro; para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación
igual ou superior a 5 sobre 10. ALUMNADO CON RESPONSABILIDADES LABORAIS O
alumnado que teña responsabilidades laborais, documentalmente
xustificadas, poderá optar por calquera das dúas modalidades de
avaliación anteriores. CONVOCATORIA DE XULLO O alumnado será
avaliado cun único exame presencial que se realizará na data oficial
fixada polo Centro; para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha
puntuación igual ou superior a 5 sobre 10. DATAS DE AVALIACIÓN 1ª Edición: 20/3/2015 as 10:00 horas 2ª Edición: 9/7/2105 as 10:00 horas Fin de Carreira: 25/9/2014 as 16:00 horas Todas as datas de exame que figuran no sistema de avaliación son as aprobadas pola Xunta de Facultade. En caso de erro ao transcribirlas, a válida é a aprobada oficialmente e publicada no calendario de exames da Facultade de Ciencias. |