Vías e requisitos de acceso
O RD 1892/2008, de 14 de novembro, modificado polo RD 558/2010, regula as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. En ditas normativas establécese que poderán acceder aos ensinos universitarios os seguintes grupos:
Estudantes en posesión do título de bacharel que superasen unha proba de acceso á universidade (PAU): artigos 37 e 50.2 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Estudantes procedentes de sistemas educativos de Estados membros ou doutros Estados cos que España subscribise Acordos Internacionais: artigo 38.5 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Estudantes procedentes de sistemas educativos estranxeiros, previa solicitude de homologación do título de orixe ao título español de Bacharel.
Estudantes en posesión dos títulos de Técnico Superior correspondentes aos ensinos de Formación Profesional e Ensinos Artísticos ou de Técnico Deportivo Superior correspondentes aos Ensinos Deportivos: artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, de Educación.
Maiores de 25 anos: Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
Persoas que acrediten experiencia laboral ou profesional, segundo o previsto no artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
Maiores de 45 anos: artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
Titulados universitarios: poderán acceder aqueles que estean en posesión dun título universitario oficial de Grao ou título equivalente; estean en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación dos ensinos universitarios ou título equivalente; cursasen estudos universitarios parciais no estranxeiro ou, finalizándoos, non obtivesen a súa homologación en España e desexen continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade de orixe recoñecese polo menos 30 créditos
Perfil de ingreso
O perfil de ingreso recomendado é o aquilo estudantes que accederon polas vías anteriores e con clara vocación para a Enxeñaría de Minas.
En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas, etc.) e académicas desexables que se consideran máis adecuadas para iniciar os estudos de Graduado/a en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos pola Universidade de Vigo son as seguintes:
Coñecementos das ciencias básicas: Física, Química, Matemáticas e Xeoloxía.
Interese polos temas que se relacionan cos recursos naturais e inquietude por coñecer os fenómenos asociados a estes, así como preocupación polos problemas ambiental.
Capacidade de análise, síntese e razoamento lóxico.
Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
Disposición para ser parte activa do proceso ensino-aprendizaxe, con preocupación pola calidade e motivación polo logro dos obxectivos.
Canles de difusión
No
Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, especifícase a obrigación das Universidades Españolas de dispor de sistemas accesibles de información e procedementos de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso. Atendendo a este requirimento, a Universidade de Vigo ofrece información e orientación ao alumnado de novo ingreso nos seus programas
vida e
mergúllate.
Doutra banda, desde a
Universidade de Vigo articúlanse liñas de acción no relativo aos sistemas de información previa á matriculación e aos procesos de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso. Pola súa banda a ETSE de Minas desenvolve
outras liñas de acción que apoian a difusión, a transferencia científica, a acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso.
Orientación ao alumnado
A Universidade de Vigo conta cunha serie de
servizos que facilitan o apoio e orientación dos estudantes unha vez matriculados. Ademais, na ETSI de Minas desenvólvense outras liñas de acción de orientación e apoio aos estudantes matriculados dentro do
Plan de Acción Titorial (PAT) .
Transferencia e recoñecemento de créditos
Alumnado procedente de outras titulacións de grao
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo na súa reunión do 23 de xullo de 2008 aprobou a “Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES”. Na normativa establécense as seguintes regras básicas:
- Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica da devandita rama.
- Serán obxecto tamén de recoñecemento os créditos obtidos naqueloutras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
- O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudante e as previstas no plan de estudos, ou ben que teñan carácter transversal.
Seguindo esa normativa proponse a seguinte táboa de recoñecemento para as materias de formación básica:
RAMA DE COÑECEMENTO | MATERIA DA RAMA DE COÑECEMENTO | MATERIA DO PLAN | ECTS |
INGENIERIA E ARQUITECTURA | FÍSICA | FÍSICA: FÍSICA I | 6 |
FÍSICA: FÍSICA II | 6 |
FÍSICA: SISTEMAS TÉRMICOS | 6 |
EXPRESIÓN GRÁFICA | EXPRESIÓN GRÁFICA | 6 |
EMPRESA | EMPRESA: DIRECCIÓN E XESTIÓN | 6 |
QUÍMICA | QUÍMICA | 6 |
INFORMÁTICA | INFORMÁTICA: ESTATÍSTICA | 6 |
MATEMÁTICAS | MATEMÁTICAS: CÁLCULO I | 6 |
MATEMÁTICAS: CÁLCULO II | 6 |
MATEMÁTICAS: ÁLXEBRA LINEAL | 6 |
| | TOTAL | 60 |
Doutra banda establécese a seguinte táboa de convalidaciones para alumnos que accedan desde o Grao de Tecnoloxías Industriais da Universidade de Vigo:
Curso | Grao de Enerxía | | Curso | Grao de Tecnoloxías Industriais |
2º | Electrotecnia | ß | 2º | Fundamentos de Teoría de Circuítos e Máquinas Eléctricas |
2º | Tecnoloxía de Materiais | ß | 2º | Ciencia e Tecnoloxía de Materiais |
2º | Mecánica de Fluídos | ß | 2º | Mecánica de Fluídos |
2º | Termodinámica e Transmisión de Calor | ß | 2º | Termodinámica e Transmisión de Calor |
2º | Resistencia de Materiais | ß | 2º | Resistencia de Materiais |
2º | Enxeñaría Mecánica | ß | 2º | Teoría de Máquinas e Mecanismos |
Optativa Xeral 4 | Organización de empresas e Sistemas de Produción e Fabricación | ß | 2º | Fundamentos de Organización de Empresas Fundamentos de Sistemas de Produción e Fabricación |
4º Itinerario Eficiencia Enerxética | Enxeñaría de sistemas e Control | ß | 2º | Fundamentos de Automática.l |
Itinerario Eficiencia Enerxética | Tecnoloxía Electrónica | ß | 2º | Tecnoloxía Electrónica |
2º | Tecnoloxía Ambiental | ß | 4º | Enxeñaría Ambiental |
Calquera recoñecemento de créditos fóra do especificado anteriormente e o que, no seu momento, acórdese para estudos de grao cursados noutras Escolas de Enxeñaría de Minas, é responsabilidade da Comisión Académica, delegada da Xunta de Titulación. Antes de tomar a súa decisión sobre o recoñecemento, a Comisión solicitará informe non vinculante aos profesores responsables da materia para a que se pide recoñecemento. Calquera decisión farase atendendo á coincidencia de competencias, contidos e número de créditos entre a materia cursada e a que se solicita convalidar.
Titulados de Ciclos Superiores en Formación Profesional
No artigo 8 “Recoñecemento doutros estudos ou actividades profesionais” da
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES di “Conforme aos criterios e directrices que fixe o Goberno e o procedemento que fixa a Universidade poderán ser recoñecidos como equivalentes a estudos universitarios a experiencia laboral acreditada, os ensinos artísticos superiores, a formación profesional de grao superior, os ensinos profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior, os ensinos deportivos de grao superior e aqueloutras equivalentes que estableza o Goberno ou a Comunidade Autónoma”
Reconocimiento de créditos por otras actividades ((desplegable)
A
normativa tamén recolle que os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación ata un máximo de 6 créditos do total de plan de estudos cursados. Estes créditos se detraerán do cómputo de créditos optativos a cursar polo alumno de acordo coa
listaxe de convalidación de créditos de libre elección e ECTS da Universidade de Vigo.