PresentaciónPresentación
A Facultade de Historia da Universidade de Vigo, sita no Campus Universitario de Ourense, oferta tres titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES): un Grao e dous Posgraos.
Ademais está en proceso de extinción a titulación de Licenciatura en Historia, tamén en liña cos criterios de referencia do EEES. Xa non se imparte docencia, ainda que no curso 2014-2015 pódense realizar os exames correspondentes a 4º e 5º curso.
Neste ano académico 2014-2015 impártese o grao de Xeografía e Historia, remodelado con respecto a ata agora vixente. A implantación desta remodelación terá un carácter paulatino, polo que neste curso ofértase solo o 1º curso; manténdose do grao anterior en Xeografía e Historia, os cursos de 2º, 3º e 4º .
Neste curso 2014-2015, xunto á habitual modalidade presencial, poderase optar pola modalidade semipresencial, sempre que se xustifique a imposibilidade de asistir con regularidade ás aulas; os motivos deben estar en relación con obrigas de carácter laboral, familiar, atención a persoas dependentes, actividades deportivas de alto nivel, necesidades educativas especiais. O proceso para acollerse a esta modalidade terá lugar unha vez formalizada a matricula; estudante debe cubrir un impreso coa solicitude e entregar a documentación xustificativa.
Os docentes poñerán a disposición destes estudantes o material preciso a través da plataforma de teledocencia e os medios para superar as materias do grado, en igualdade de condicións que os presenciais.
A oferta de Posgrao contempla dúas titulacións:
Neste documento:
- Servizos e Infraestruturas do Centro
- Outra Información do Centro