Código |
Descrición |
A1 |
Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría. |
A8 |
Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde. |
A9 |
Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital. |
A10 |
Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda nas mesmas. |
A13 |
Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado. |
A29 |
Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. |
A33 |
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo. |