Guia docente 2013_14
E. U. de Enfermería (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Estatística: Estatística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado e a presentar a materia.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia polo docente.
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun problema o suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Descrición: Prácticas autónomas. Aplicar Realización de actividades prácticas variadas relacionadas cos contidos da materia. Exercicios prácticos a través das TIC. Simulacións a través das TIC. Traballo autónomo do alumnado
Obxectivo: Adquirir as destrezas, coñecementos, aptitudes e actitudes recollidos nos contidos da materia mediante a interacción cos sistemas e recursos informáticos dispoñibles. Empregar programas e recursos informáticos tanto do ámbito profesional como xenéricos.

Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Prácticas autónomas a través de TIC Descrición: Prácticas guiadas. Realización de actividades prácticas variadas relacionadas cos contidos da materia. Exercicios prácticos a través das TIC. Simulacións a través das TIC.
Obxectivo: Adquirir as destrezas, coñecementos, aptitudes e actitudes recollidos nos contidos da materia mediante a interacción cos sistemas e recursos informáticos dispoñibles. Empregar programas e recursos informáticos tanto do ámbito profesional como xenéricos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000