TEMA I: CIRCUITOS EN RÉXIMEN TRANSITORIO
O obxetivo que se pretende acadar con este tema é que o alumno saiba analizar a resposta dos circuitos eléctricos en réximen transitorio, diferenciando claramente entre a resposta permanente e a transitoria e a identificación das mesmas os circuitos considerando a actuación das condicións iniciais e das fontes. Coménzase con circuitos sinxelos de primeiro orden, incidíndose sobre o comportamento dos distintos elementos de circuito e a tipificación das respostas. Explícase tamén a diferencia entre a resposta natural e a forzada, é decer, a resposta debida as condicións iniciais impostas polos elementos almacenadores de enerxía e a resposta debida a fontes de excitación independentes. Exténdese o estudo a circuitos de segundo orden, e explicanse técnicas de resolución analíticas e mediante a transformada de Laplace. Introdúcense nuevas técnicas de resolución tanto temporales (método discretizado) como frecuenciales (aplicación da transformada de Laplace). |
• Tipos de respostas e rexímes nos circuitos lineales.
• Métodos para obter a resposta de circuitos en réximen transitorio.
• Circuitos lineales de primeiro orden.
• Circuitos lineales de segundo orden.
• Resolución polo método discretizado |
TEMA II: CIRCUÍTOS DE CA TRIFÁSICOS. MEDIDAS. COMPENSACIÓN.
Con este tema, preténdese que o alumno saiba analizar circuítos trifásicos tanto equilibrados como desequilibrados. Iníciase o tema cos conceptos básicos para a análise de circuítos equilibrados. Continúase cos circuítos desequilibrados, os diferentes métodos para medir a potencia e a compensación de potencia reactiva así como os métodos para determinar a secuencia de fases. Finalízase cunha introdución ás compoñentes simétricas. |
• Introdución: Xeradores, cargas e circuítos trifásicos.
• Circuitos trifásicos equilibrados. Tensións e intensidades.
• Conversión de fontes e cargas trifásicas.
• Análise de circuitos trifásicos equilibrados.
• Potencia en circuitos trifásicos equilibrados. Compensación.
• Análise de circuitos trifásicos desequilibrados.
• Determinación da secuencia de fases e medida de potencia e enerxía.
• Compoñentes simétricas. |