A asistencia a clase e seminarios é obrigatoria. As competencias da materia relacionadas coas competencias da titulacións (A1-A3, A5-A10, A12 y A20) se avaliarán de forma explícita en exercicios en aula e probas escritas. As competencias transversais serán avaliadas de forma implícita na calificación dos exercicios (B2, B3 e B4). Para superar a materia o profesor debe dispor en tempo e forma dun mínimo do 80% dos entregables propostos nas distintas actividades presenciais. É tamén obrigatorio que o alumno se presente a todas as probas escritas planificadas para superar a materia. Será necesario unha puntuación superior ou igual a 3 puntos sobre 10 na proba escrita final para que na calificación final se teña en conta o resto dos elementos de evaluación (entregables e probas curtas). Un alumno que realice máis do 20% do traballo total planificado ou se presente a calquera das probas será cualificado, de acuerdo coa legislación vixente e, polo tanto, non poderá ter no acta a calificación de NON PRESENTADO. Os alumnos que non superen a materia ó final do cuadrimestre deberán facer unha proba escrita no periodo de feche de evaluación definitivo no mes de xullo. Dita proba terá un valor do 40% da nota e substituirá os resultados da prueba do final do cuadrimestre. A calificación dos entregables (das actividades presenciais) e probas curtas non son recuperables. A calificación final dos alumnos, de ser superior a 7 puntos, poderá ser normalizada de forma que a calificación máis alta poda ser ata 10 puntos. |