Resolución de problemas e/ou exercicios |
Probas de avaliación continua mediante as que se avaliarán as competencias A29 e B6. Cada estudante deberá resolver unha serie de problemas no prazo de tempo e baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos, individuais ou en grupo, poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída ao encerado, exposición oral, puzle,... |
50 |
Traballos tutelados |
Valoración das competencias transversais: B1, B4, B7, B8, B13 e B14. |
10 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame final. Proba para a avaliación das competencias adquiridas. Mediante esta proba, avaliaranse as competencias A29 e B6. Realizarase ao rematar o período lectivo e incluirá preguntas e exercicios aos que as alumnas e os alumnos responderán organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos que teñen sobre a materia. |
40 |
Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou
superior ao 50% da puntuación total. As alumnas e os alumnos que non superen a materia en xaneiro, e pretendan facelo na convocatoria de xullo, deberán repetir obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso nas probas de avaliación continua
(Resolución de problemas e/ou exercicios) manterase para a convocatoria
de xullo. Calquera estudante que participe nunha das dúas probas de resposta longa realizadas ao rematar o período lectivo (en xaneiro ou, de ser o caso, en xullo) non poderá, en ningún
caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.
|