Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Subjects
  Química aplicada ao medio mariño II
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Introductory activities Nesta actividade presentaráselles aos alumnos o temario a desenvolver durante o semestre, así como os obxectivos, competencias e criterios de avaliación. Así mesmo explicaráselles a forma de desenvolver a materia ao longo do semestre, crearanse os grupos que realizarán as metodoloxías integradas.
Master Session O profesor realizará unha exposición dos contidos do temario a desenvolver, onde o profesor pode suscitar algunha cuestión aos alumnos para a súa resolución en clase. Así mesmo, os alumnos poden preguntar ao profesor as cuestións que vaian xurdindo ao longo da exposición. O material da presentación estará dispoñible para os alumnos antes da sesión e deberán asistir a ela co devandito material. Ao final de cada tema, deberán realizar un cuestionario que resolverán de xeito iindividual.
Integrated methodologies Os alumnos participarán en actividades de aprendizaxe colaborativa na preparación dos distintos temas da materia. Ao final de cada tema, deberán realizar un cuestionario tipo test individualmente.
Tutored works Durante a sesión de prácticas na sala de informática, os alumnos obterán datos relacionados coa depuración de augas residuais. Cos datos obtidos deberán elaborar un informe co mesmo formato que un artigo científico. Do mesmo xeito deberán elaborar un póster científico cos mesmos datos. Este póster será presentado publicamente ante os seus compañeiros.
Os alumnos estudarán un caso práctico baseado na análise dun contaminante. Este estudo se desenvolverá en base a unha procura bibliográfica, respondendo a cuestións específicas e que á súa vez se completarán nas clases prácticas.
Laboratory practises Os alumnos realizarán unhas prácticas de laboratorio sobre análise de contaminantes ambientais relacionadas con traballo tutelado, presentarán os resultados prácticos diariamente e en base á experiencia adquirida completarán o traballo tutelado proposto.
Practice in computer rooms Os alumnos realizarán unhas prácticas de computador sobre o tratamento de augas residuais. Consistirán na utilización dun simulador no que se estudará o efecto de diversos parámetros no proceso de tratamento das augas residuais. Os alumnos deberán tomar datos dos diferentes parámetros estudados, os cales serán empregados para a elaboración dos traballos tutelados.
Outdoor study / field practices Realizarase unha visita á principal Estación Depuradora de Augas Residuais do municipio de Vigo, a EDAR de Lagares. No caso de que non sexa posible, tratarase de visitar outra EDAR.
Tras a visita os alumnos terán que responder a un breve cuestionario relacionado coa mesma.
Presentations / exhibitions Os alumnos farán unha breve presentación en público relacionada co póster realizado nos Traballos tutelados. Os compañeiros e o profesor poderán realizar preguntas sobre a presentación realizada.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000