Master Session |
O profesor realizará unha exposición dos contidos do temario a desenvolver, onde o profesor pode suscitar algunha cuestión aos alumnos para a súa resolución en clase. Así mesmo, os alumnos poden preguntar ao profesor as cuestións que vaian xurdindo ao longo da exposición. O material da presentación estará dispoñible para os alumnos antes da sesión e deberán asistir a ela co devandito material. Ao final de cada tema, deberán realizar un cuestionario que resolverán de xeito iindividual. |
Tutored works |
Durante a sesión de prácticas na sala de informática, os alumnos obterán datos relacionados coa depuración de augas residuais. Cos datos obtidos deberán elaborar un informe co mesmo formato que un artigo científico. Do mesmo xeito deberán elaborar un póster científico cos mesmos datos. Este póster será presentado publicamente ante os seus compañeiros.
Os alumnos estudarán un caso práctico baseado na análise dun contaminante. Este estudo se desenvolverá en base a unha procura bibliográfica, respondendo a cuestións específicas e que á súa vez se completarán nas clases prácticas.
|
Practice in computer rooms |
Os alumnos realizarán unhas prácticas de computador sobre o tratamento de augas residuais. Consistirán na utilización dun simulador no que se estudará o efecto de diversos parámetros no proceso de tratamento das augas residuais. Os alumnos deberán tomar datos dos diferentes parámetros estudados, os cales serán empregados para a elaboración dos traballos tutelados.
|
Presentations / exhibitions |
Os alumnos farán unha breve presentación en público relacionada co póster realizado nos Traballos tutelados. Os compañeiros e o profesor poderán realizar preguntas sobre a presentación realizada. |