Educational guide 2013_14
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Xestión da enerxía térmica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática Elaboración semanal das partes dunha auditoría enerxética. 20
Presentacións/exposicións Presentación oral do traballo realizado semanalmente en horas de prácticas e fóra de clase. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba necesaria para poder superar a materia onde se preguntará sobre conceptos desenvolvidos nas clases de sesión maxistral e nas prácticas en aulas de informática. 20
Traballos e proxectos Realización dun traballo/proxecto de auditoría enerxética: formulación dun caso real, análise das posibles medidas a tomar, avaliación económica das medidas, realización dunha memoria escrita, planos e orzamentos. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non asista a clase deberá realizar unha proba sobre contidos da materia na que demostre que domina as ferramentas empregadas polos alumnos nas aulas de informática, ademais dun exame sobre coñecementos impartidos nas aulas de teoría onde responderá a preguntas sobre temas a desenvolver e problemas.

As datas dos exames, Aprobadas en Xunta de Escola o 19 de Xuño do
2013 serán:

  • 1er período: 17/01/2014 ás 10:00
    Aula M-107
  • 2º período: 26/06/2014 ás 10:00 Aula M-211

Esta información pode verificarse/consultarse de forma actualizada na
páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000