Sesión maxistral |
Valorarase a asistencia do alumno, así como, de maneira especial, a participación activa nas sesións, materializada no lantexamento de dúbidas ou cuestións relacionadas coa temática obxecto de estudo.De igual xeito, considerarase a realización de actividades de estudo ou análise de texto que se aconsellen como complemento das sesións maxistrais. |
25 |
Estudo de casos/análises de situacións |
A o largo do período docente o alumno realizará exercicios prácticos relativos ós contidos da materia, representando un 25% da nota final. |
25 |
CONVOCATORIA 1ª - Febreiro 2014 (Sistema de avaliación continua/Sistema de avaliación final)
a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar a asistencia a un 80 % das sesións presenciais. En caso contrario, deberá someterse ao sistema de avaliación final.
b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados mediante
un exame final consistente nunha proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia. Dito exame representará o 100% da nota final.
CONVOCATORIA 2ª- Xullo 2014
Se o alumno non superase a materia na convocatoria de febreiro, as notas obtidas na avaliación continua conservaránse para a convocatoria de xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar polo sistema de avaliación final. |