A materia Sistema Xudicial Español e Proceso Civil se estrutura en duas partes. Na primeira parte, á que se adicará 1/3 da carga lectiva, estúdase, basicamente, o concepto e garantías da xurisdicción, a organización dos órganos xurisdiccionais, o persoal dos órganos xurisdiccionais e o colaborador, así como os principios rectores do proceso. A segunda parte, que ocupará os 2/3 da carga lectiva, adícase ao estudo do proceso civil: suxeitos e obxecto do proceso; desenvolvemento do proceso nas súas distintas modalidades; a proba no proceso civil; as medidas cautelares; os recursos e a execución forzosa.