Guia docente 2013_14
E. U. de Estudios Empresariales
Grao en Comercio
 Materias
  Idioma para a comunicación internacional: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral 1. Probas escritas individuais a realizar en clase (30%)
2. Probas orais a realizar en clase (20%)
3. Outras tarefas a realizar dentro ou fóra da aula, por exemplo, actividades de lectura ou escrita de textos relacionados co comercio (10%)
60
Prácticas de laboratorio 1. Participación activa e relevante nal aula (5%)
2. Outras actividades orais ou escritas en grupo a determinar. Por exemplo, a elaboración dunha actividade de investigación de mercado (35%)
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A condición
para ser avaliado será a asistencia a un 80% das sesións presenciais. 

Para aprobar a materia é
requisito indispensable obter nas probas escritas e orais unha calificación mínima de
4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que a media
aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior.

O alumnado que non supere a avaliación
continua na primeira edición de actas (maio) deberá facer unha proba en xullo que suporá o 100% da calificación final.

Se algún alumno/a non pode asistir ó 80%
das sesións presenciais e seguir a avaliación continua deberá comunicarllo ó
profesorado argumentadamente ó comezo do curso.
Este alumnado deberá
realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba final escrita que
suporá o 60% da cualificación final e unha proba oral que suporá o
40%. Para aprobar a materia é requisito indispensable obter nas dúas
probas unha calificación mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia
estaría suspensa aínda que a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou
superior. De non superar a materia na 1ª edición de actas (maio), o alumno
terá que presentarse na 2ª edición de actas (xullo) que suporá o 100% da calificación final.

N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a
cualificación final será de suspenso.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000