Guia docente 2013_14
E. U. de Estudios Empresariales
Grao en Comercio
 Materias
  Historia económica e do comercio
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Obradoiros O obradoiro é unha instancia para socializar, decantar e sintetizar os coñecementos adquiridos na preparación da sesión.
Concíbese o obradoiro como un proceso de aprendizaxe continuado.
Previamente a celebración da sesión de traballo, os materiais distribuidos polas docentes deben ser traballados polo alumnado (lectura, esquema ou síntese), quen terá que amosar na aula o nivel de consolidación do seu aprendizaxe.
Traballáranse temas monográficos en cada sesión
Debates Previamente a sesión, se distribuirán os textos que serán debatidos na aula.
Cada alumna/o fará una breve (10 - 15 minutos) exposición crítica do texto o día do debate, estos relatos serán a base do debate.
Actividades introdutorias Actididade encamiñada a entrar en contacto coa materia e o seu desenvolvemento o logo do cuadrimestre
Sesión maxistral Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos claves dos contidos fundamentais da materia.
As primeiras estarán dedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de historia económica; as restantes sesións estarán destinadas a exposición do temario.
A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa do estudantado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000