Guia docente 2013_14
E. U. de Estudios Empresariales
Grao en Comercio
 Materias
  Xestión de aprovisionamentos e distribución comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas na que o alumno debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios
nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe
aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica será presencial.
Correspóndense coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
40
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas
sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en
base aos coñecementos que teñen sobre a materia.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A evaluación do alumno realizarase do seguinte xeito:


- Exame final (60% da nota final, 6 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre.


- Problemas e/ou exercicios realizados nas prácticas (40% da nota final, 4 puntos).


Para superar a materia, é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia.


No caso de superar o exame, a nota final da materia resulta da suma da nota acadada no exame e a notas dos traballos realizados nas prácticas.


No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame unha escala de 10 puntos.


A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000