Guia docente 2013_14
E. U. de Estudios Empresariales
Grao en Comercio
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase o traballo realizado en cada unha das probas que, por cada tema, terán lugar nas clases prácticas. Constarán de preguntas-test e algunha pregunta a desenvolver. 30
Presentacións/exposicións
Exposición na que se valorará, fundamentalmente a estructura e presentación (claridade expositiva, uso de material multimedia, . . ) do tema.
5
Titoría en grupo
Seguimento das diversas reunións do grupo, que prepara un mesmo tema, coa profesora. Valorarase o grado de implicación de cada membro na elaboración do traballo do grupo.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Despois de cada sesión maxistral, proporanse unha serie de cuestións e/ou exercicios para traballar ao longo da semana. Valoraranse, fundamentalmente, as respostas aportadas polo alumnado nas clases prácticas nas que se fagan as corrección. 15
Probas de tipo test Realizaranse, en liña, ao finalizar cada tema. Servirán de autoavaliación para o alumnado previo ao exame de contidos.
Tamén formarán parte dos traballos a valorar, por cada tema, nas clases prácticas.
Por último, farase unha proba test no exame final de contidos, só para aqueles estudiantes que necesiten subir a nota obtida nesa parte nas clases prácticas.
0
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Avaliaranse os contidos mediante unha proba final de resposta longa teórico-práctica, con preguntas de cada tema, cunha ponderación aproximada do 30% para cada un dos dous primeiros e do 40% o terceiro. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O día do exame final haberá a posibilidade de repetir a
presentación do traballo.

Na 2ª e sucesivas convocatorias
haberá probas globais das diversas partes non presenciais das que consta a
avaliación.



Só de modo excepcional, poderá renunciarse á avaliación continua, facendo unha solicitude expresa na que se indiquen os motivos alegados para a mesma, durante as dúas primeiras semanas de clase.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000