Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. Avaliación continua: o estudante segue a avaliación continua desde o momento en que se presenta ao primeiro test da materia. Avaliación ao final do cuadrimestre: o alumno deberá realizar un exame e entregar unha serie de traballos que se expoñen na avaliación da materia. Recuperación no mes de xullo: o alumno deberá realizar a parte que non superase (exame ou traballos pendentes). A avaliación da materia é como segue: - Cuestionarios: haberá un cuestionario en cada un dos 3 módulos iniciais que achegará un 10% da nota final (cada un). - Traballo final: no cuarto módulo, cada participante terá que realizar un traballo sobre un tema proposto que achegará un 40% da nota final. - ePortafolio: cada participante deberá realizar un resumo da materia no blogue persoal da conta. Achegará un 15% da nota final. - Participación: valorarase a participación no foro de discusión sobre as cuestións que se expoñan. Achegará un 15% da nota final. Así temos: cuestionarios (3*x10 = 30%) + Traballo (40%) + ePortafolio (15%) + Participación en foros (15%) = 100%. Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas neste curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual. |