Traballos tutelados |
Realizaranse dous traballos supervisados que serán avaliados de forma indenpendente:
- Un traballo sobre redes sen fíos de ámbito persoal e local, seguindo un modelo de publicación científica. Durante este traballo tamén se realiza un proceso de revisión por pares dos traballos dos compañeiros. Para a avaliación prestarase especial atención á organización, a orixinalidade dos contidos, a extracción de conclusións e a calidade xeral do traballo (claridade, concreción e temas abarcados).
- Unha simulación con ferramentas utilizadas no ámbito académico no campo das redes sen fíos personais e locais. Avaliarase o código da simulación, o informe sobre os resultados, con especial atención nas conclusións. |
90 |
Actividades introdutorias |
Realizaranse probas de resposta curta, para avaliar a comprensión dos textos introdutorios proporcionados. Tamén se terá en consideración a participación nos foros de debate. |
10 |